Como Votar

Tes que teclear no navegador o url https://vota.redeacampa.org/.

Ábrese a pantalla de Inicio da plataforma de votacións.

Introduce o teu usuario e contrasinal e fai clic en “ACCEDER”

Nesta pantalla verás a listaxe de votacións que están en activo.

Cando fagas clic nunha delas, despregarase a descrición e o estado da votación.

Cando fagas clic en “VOTAR” (botón verde) despregarase, ademais da descrición, a listaxe de todas as candidaturas.

Se fas clic no botón “más información” que hai a carón de cada candidatura, abrirase unha fiestra con máis información.

Marca o recadro que está á esquerda da imaxe da candidatura elixida, logo fai clic no botón “VOTA” .

Listo. Xa votaches.

Esta pantalla certifica que votaches.
Na parte inferior aparece un código que che permite comprobar o teu voto (copia e garda).

Para volveres á listaxe de votacións, fai clic en “Lista de votaciones” na barra de menús da esquerda.

Para saíres da plataforma, fai clic en “Desconexión” .

Se durante o proceso tes algún problema, por favor, ponte en contacto con Acampa a través dos correos.
vota@redeacampa.org o acampa@redeacampa.org

Grazas por participares nas votacións de Acampa.

 

O equipo de Coordinación de Acampa.