Plataforma de votacións de Acampa
Pola paz e o dereito a refuxio
Manual de acceso e votación
A plataforma de votacions Acampa está preparada para que o voto sexa secreto e non se poida coñecer a súa rastrexabilidade, nin sequera polos administradores. Por esta razón, a primeira vez que se entra no sistema é necesario crear un usuario e un contrasinal.
Este é o procedemento para entrar por primeira vez e votar ou para cambiar o contrasinal.
O enderezo para entrar na plataforma é: https://vota.redeacampa.org/
Nota Importante:
Se non estas dado de alta na Rede Acampa, non estarás no censo de votación e por iso o sistema non che permitirá acceder.
Se queres darche de alta na Red Acampa, podes facelo nesta ligazón: https://coruna.redeacampa.org/gl/sumate-a-rede/
Entre 24 e 48 horas despois poderás acceder ao sistema de votación da Red Acampa.
Como rexistrarse ou cambiar o contrasinal
Teclea o url https://vota.redeacampa.org/.
Aparece a Pantalla de inicio da plataforma de votacións Acampa.
Fai clic en “REGISTRARME O RECUPERAR MI CONTRASEÑA”.
Aparece esta pantalla, onde tes que completar tres campos.
“Su nombre”: o nome ou alias co que queiras identificarte na plataforma (hai que usar caracteres alfanuméricos e non deixar espazos en branco.)
“Su correo electrónico”: é o correo de contacto que enviaches a Acampa. Este ten que estar dado de alta no censo da plataforma de votacións Acampa; se non estivese, ponte en contacto con Acampa a través de vota@redeacampa.org.
“Seleccione la provincia donde está censado”: a cidade onde esteas rexistrado en Acampa. Elixe unha das opcións que hai: A Coruña, Madrid, Brasil, Portugal ou Domicilio fóra de España.
Unha vez cubertos os campos, fai clic en “Enviar”, ábrese a pantalla seguinte.
Cobre o campo “Nombre” cun nome que che identifique.
- Formado con caracteres alfanuméricos e sen espazos.
- O sistema vai esixir que sexa único, que non coincida con outro utilizado por outra persoa dada de alta para votar.
- Non ten que coincidir co teu nome real utilizado nas listaxes de Acampa.
Cobre o campo “Escoja su password” co contrasinal que queiras utilizar.
Valida o contrasinal elixido no campo “Repita su password”.
Fai clic en “ENVIAR”.
Para acceder á plataforma de votacións de Acampa e poder votar terás que utilizar o Nome e Password dados de alta neste formulario de validación.
Como Votar
Tes que teclear no navegador o url https://vota.redeacampa.org/.
Ábrese a pantalla de Inicio da plataforma de votacións.
Introduce o teu usuario e contrasinal e fai clic en “ACCEDER”
Esta pantalla certifica que votaches.
Na parte inferior aparece un código que che permite comprobar o teu voto (copia e garda).
Para volveres á listaxe de votacións, fai clic en “Lista de votaciones” na barra de menús da esquerda.
Para saíres da plataforma, fai clic en “Desconexión” .
Se durante o proceso tes algún problema, por favor, ponte en contacto con Acampa a través dos correos.
vota@redeacampa.org o acampa@redeacampa.org
Grazas por participares nas votacións de Acampa.
O equipo de Coordinación de Acampa.