OUTRAS ACTIVIDADES 2024
proxeccións
M
Financiado pola Deputación de Cádiz e con guión do xornalista especializado en migracións e DDHH, Nicolás Castellano, o documental M dálle a voz protagonista a un grupo de menores non acompañados que chegan a distintos puntos das nosas fronteiras. En primeira persoa, estes mozos relatan a dureza do proceso e do que atopan aquí; tamén as súas esperanzas, o motor que os move a iniciar esa arriscada ruta.
AUNQUE ES DE NOCHE
Premio á mellor curta nos Goya 2024, Aunque es de noche, dirixido por Guillermo García López, enfronta o espectador á escuridade en que viven na Cañada Real desde hai máis de catro anos. Faino da mano de dous mozos protagonistas que habitan nesa barriada á que a Comunidade de Madrid e a empresa Naturgy manteñen sen enerxía eléctrica. Máis de 1800 nenas e nenas, enfermos necesitados de osíxeno, persoas anciás… sobreviven sen luz na capital española.
música
KREZE
Este grupo, nado en 2023, traballa con composicións propias para convidar ao público a unha viaxe emocional e intensa, a únha inmersión nun mundo onírico. Eles son Marta Seco, violín e voz, Andrea Peralta, viola e voz, Cecilia Burillo, violoncello, piano e voz, e Davizín E. Pardiñas, guitarra e voz principal. Nestes días últiman o que será o seu primeiro album, titulado “Ser”.
a quinta de do
A Quinta de Do é un grupo aberto actualmente formado por cinco músicos procedentes doutros e variados grupos musicais. Na actualidade os seus membros forman parte doutros proxectos como Extrema Urgencia, A Bule Bule Band, Ímola Virando, SegFault, Quintas Canella grupo, Coitelo de pau e dúas bandas de Música. Eles son Antonio Yañez ao baixo e piano, Fran Naveira na percusións e son, José Luís Yepes na guitarra electro acústica, Javier Carballo na guitarra eléctrica e Xosé Taboada ao saxo, frauta e acordeón. A súa música vai desde a Galicia Atlántica ata os desertos co Caravan de Tizol e Duke Ellington, vai ata Siria e salta os Balcáns para rematar en París con “Ás follas mortas”.
belém tajes
Cantante, compositora e especialista en musicoterapia, nada en Bos Aires, Belém Tajes aprendeu das cantigas das súas avoas, naturais de Arou (Camariñas). Con estudos de violoncelo e gaita percorreu varios países como cantante na xira do trinta Aniversario de Luar na Lubre, participando tamén en distintas formacións musicais, entre elas actuou con Uxía, Pesdelán e no coro Sisters in the House.
MÚSICA TRADICIONAL UCRANIANA
A Asociación AGA-Ucraína, nada cando estoupou a guerra en Ucraína e as primeiras persoas procedentes daquel país comezaron a chegar a Galicia, non deixou de dar apoio a todos estes refuxiados acollidos nesta comunidade autónoma desde aquela. A través dela chega ata ACAMPA2024 o son de Anna Haidukova, Myroslava Tatarchuk, Artem Matovka, Solomia Savchuk, Ihor e Lidia Popadiukd, intérpretes e agrupacións ucraínas, que non só homenaxean á música tradicional daquel país achegándose emocionalmente co que deixaron tras deles, senon tamén propostas máis innovadoras.
actividades asociacións
“Buscar refuxio non é un crime”
Xogo reflexivo alrededor das rutas migratorias. (Médicos Sen Fronteiras)