relatoras/es 2024

9.JuandeSola_REDEACAMPA 2024

Sira Rego

MINISTRA DE XUVENTUDE E INFANCIA

2.Raquel Martin_REDEACAMPA 2024_w

Raquel Martí

UNRWA ESPAÑA

3.Vicente-Raimundo REDEACAMPA 2024_w

Vicente raimundo

SAVE THE CHILDREN

4. Ruth Conde REDEACAMPA 2024_w

Ruth Conde

MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

5. Ismail Plyz REDEACAMPA 2024_w

ISMAIL EL MAJDOUBI

ASOC. EX-MENAS

6. Houda Akrikez REDEACAMPA 2024_w

HOUDA AKRIKEZ ESSATTY

ASOC. CULTURAL TABADOL

7. Marina García López REDEACAMPA 2024_w

Marina García López

SINTAGMA FILMS

8. NicolasCastellano REDEACAMPA 2024_w

Nicolás Castellano

XORNALISTA

9.JuandeSola_REDEACAMPA 2024_w

Juan de Sola

XORNALISTA

relatoras acampa_TXEMASANTANA_13

TXEMA SANTANA

XORNALISTA

Sira Rego

9.JuandeSola_REDEACAMPA 2024

MINISTRA DE XUVENTUDE E INFANCIA

A súa actividade política comeza no movemento estudantil da UAM, onde estudou Nutrición Humana. Ao estalar a crise económica, fundou a Rede de Solidariedade Popular que puxo en marcha diversos grupos de acción comunitaria. Moi comprometida coa causa Palestina (pasou parte da súa infancia na zona ocupada por Israel pois a súa familia vive preto de Xerusalén Este).

Europarlamentaria desde 2019, impulsou o Grupo de Investigación a FRONTEX, deu seguimento ao Novo Pacto de Migración e Asilo e á Directiva de Enerxías Renovables.

Desde novembro do 2023, é a ministra española de Xuventude e Infancia.

Raquel Martí

2.Raquel Martin_REDEACAMPA 2024_w

UNRWA ESPAÑA

Licenciada en Xeografía e Historia na Universidade Complutense de Madrid e doutora en Historia pola UNED, é tamén experta en Xestión e Avaliación de Proxectos de Cooperación Internacional e Avaliación de Programas e Políticas Públicas.

De 1993 a 1998 viviu en distintos países africanos realizando traballos de investigación para a Universidade de Harvard, a Universidade Complutense de Madrid, Wildlife Conservation Society, National Science Foundation e Fundación Swan, entre outras. Durante este período tamén xestionou proxectos de cooperación ao desenvolvemento para diversas organizacións internacionais.

Traballou como consultora de Desenvolvemento e Cooperación Internacional para PriceWaterHouse e desde o ano 2001 traballou en distintas organizacións non gobernamentais como directora de proxectos en Asia, África e América Latina; tamén foi responsable de proxectos de axuda humanitaria e emerxencia no Magreb e Oriente Próximo, centrando a súa actividade principal na situación dos refuxiados de Palestina.

Autora de varias publicacións, Raquel Martí compatibiliza actualmente o seu traballo como directora executiva de UNRWA Comité Español cunha ampla actividade docente sobre a situación humanitaria en Oriente Próximo e cooperación internacional en diversos foros profesionais e universidades.

VICENTE RAIMUNDO

3.Vicente-Raimundo REDEACAMPA 2024_w

DIRECTOR DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL E ACCIÓN HUMANITARIA DE SAVE THE CHILDREN.

Está a cargo da execución da estratexia de cooperación internacional e acción humanitaria desta ONG, na que se ocupa da coordinación dos recursos humanos, técnicos e financeiros para contribuír ao cumprimento dos obxectivos estratéxicos relacionados coa defensa dos dereitos da Infancia en países en desenvolvemento. Vicente Raimundo viviu e traballou en países en vías de desenvolvemento entre 1994 e 2018, cando regresou a España e comezou a traballar con Save the Children.

RUTH CONDE

4. Ruth Conde REDEACAMPA 2024_w

RELATORA MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Ruth Conde é enfermeira pediátrica e foi coordinadora médica de MSF en Gaza, organización na que empezou a traballar en 2012.

A súa primeira misión foi en Níxer e despois estivo na República Centroafricana, Iemen, India, Venezuela, Colombia, Guinea-Bissau, Guatemala, Mozambique, Ucraína e Territorios Palestinos Ocupados.

Regresou en xaneiro de 2024 da Franxa de Gaza, onde traballou como referente médica de MSF en Al Shaboura e na maternidade do Hospital Emiratí en Rafah (no sur de Gaza).

ISMAIL EL MAJDOUBI

5. Ismail Plyz REDEACAMPA 2024_w

MEDIADOR INTERCULTURAL E FUNDADOR ASOCIACIÓN EX-MENAS

Ismail El Majdoubi é mediador intercultural, activista defensor dos Dereitos da Infancia e Xuventude Migrante. É o fundador da asociación EXmenas, un colectivo desde o que reivindica a atención ás necesidades, a visibilización e a proxección dunha imaxe positiva dos menores non acompañados que chegan a España.

Ismail El Majdoubi naceu en Castillejos, localidade marroquí fronteiriza con Ceuta. Con 16 anos cruzou a fronteira nos baixos dun camión, sen ser consciente nin dos perigos a que se enfrontaba nin do que lle esperaba ao outro lado do Estreito: racismo institucional, abandono e desprotección. Ata que cumpriu 18 anos pasou por sete centros de acollida, tanto en Andalucía como en Madrid. Ismail é un dos protagonistas do documental ‘M’ —o seu pase está programado en Acampa 2024—, dirixido polo xornalista experto en migracións Nicolás Castellano.

Desde Exmenas, Ismail El Majdoubi reivindica un trato humano e loita para que os menores non teñan que preocuparse por como van as súas xestións de estranxeiría, así como para lles garantir unha mellor atención cando están nos centros. EXmenas esixe a regularización da documentación e uns recursos básicos mínimos para cando os mozos alcanzan a maioridade e son expulsados dos centros.

HOUDA AKRIKEZ ESSATTY

5. Ismail Plyz REDEACAMPA 2024_w

ACTIVISTA E DEFENSORA DOS DEREITOS HUMANOS NA ASOCIACIÓN TABADOL (Cañada Real).

Chegou a España aos 8 anos e viviu na Cañada Real desde 1995 coa súa familia.

Estudou Integración Social, un grao de Filosofía Árabe clásica e realizou ademais un curso de mediación intercultural e resolución de conflitos. Participou en importantes procesos de apoderamento de mulleres marroquís e xitanas desde o proxecto ICI.

O seu activismo político e compromiso social coas causas dos pobres e oprimidos impulsárona a crear a Asociación de Mujeres Tabadol, liderando o movemento veciñal, sobre todo de mulleres, para esixir o restablecemento da luz na Cañada Real; participa, ademais, na demanda colectiva por este asunto ante o Comité de Dereitos Sociais do Consello de Europa, a primeira denuncia que se interpón contra o Estado Español.

MARINA GARCÍA LÓPEZ

7. Marina García López REDEACAMPA 2024_w

PRODUTORA SINTAGMA FILMS

Doutora en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, Marina García licenciouse tamén en Historia da Arte na mesma universidade. Desde 2014 lidera a produtora Sintagma Films. 

Produciu Aunque es de Noche (2023), en coprodución con Salon Indien Films (España) e Les Valseurs (Francia). Dirixida por Guillermo García López, esta curta —o seu pase está programado no Encontro Internacional Acampa 2024— afonda na vida de dous nenos que viven na Cañada Real de Madrid, sen enerxía eléctrica desde hai xa catro anos. Estreouse mundialmente na Sección Oficial a competición e foi proposta para a Palma de Ouro do Festival de Cannes; ademais, obtivo o Premio Forqué 2023 e o Goya 2024 á Mellor Curtametraxe de Ficción.

Entre outros traballos seus figura a longametraxe Frágil equilibrio (2016), tamén de Guillermo García López. Despois de conseguir a entrevista co, naquela altura, presidente de Uruguai, José Mujica, o filme articúlase a través das súas palabras, que funcionan como guía para acercar o espectador a tres historias en tres continentes distintos: dous executivos xaponeses en Tokio, cuxas vidas asentan unicamente nos seus traballos; unha comunidade subsahariana no Monte Gurugú, na fronteira entre África e Europa, que arrisca a vida tentando cruzar ao primeiro mundo; e varias familias en Madrid estragadas pola crise e a perda das súas vivendas.

NICOLÁS CASTELLANO

8. NicolasCastellano REDEACAMPA 2024_w

XORNALISTA

Xornalista experto en contidos sobre migracións, cooperación e desenvolvemento. Desde o ano 2000 exerce a súa carreira profesional na Cadena SER. Recentemente, deu cobertura á guerra de Ucraína, no seu inicio en 2022 mais tamén no seu segundo aniversario.

Desde hai máis de vinte anos segue o fenómeno migratorio, tanto na beira europea como nas costas desde onde parten as persoas migrantes, ou nos seus países de orixe ou tránsito. Cubriu o terremoto de Haití de 2010, o Tsunami de Xapón en 2011 e a emerxencia humanitaria en Somalia no verán de 2011, considerada a primeira gran fame deste século. Tamén as crises humanitarias de República Centroafricana, Sudán do Sur, a do ébola en África Occidental e a chegada de miles de migrantes a Lampedusa (Sicilia) ou ás illas gregas.

Ten publicados varios libros, como Me llamo Adou e Mi nombre es nadie, e dirixiu o documental M.

Profesional numerosas veces galardoado, entre outros, co IX Premio Dereitos Humanos do Consello Xeral da Avogacía Española, a Medalla de Ouro da Cruz Vermella Española ou o Premio Periodismo Humano 2013.

JUAN DE SOLA

9.JuandeSola_REDEACAMPA 2024_w

XORNALISTA

Coordina o podcast Contraparte (Onda Cero). Fundador de Agareso e BIG Radio.

Participou en proxectos de radio comunitaria e documentais sobre distintas realidades sociais (América Latina e África).

Premiado en 2009 polo proxecto A Radio do penal da Lama (Pontevedra). Participa en iniciativas dirixidas a colectivos con discapacidade e exclusión.

TXEMA SANTANA

relatoras acampa_TXEMASANTANA_13

XORNALISTA

Xornalista, natural de Gran Canaria. Despois de traballar en diferentes países, desde hai 14 anos habita e traballa nas Illas Canarias, onde cobre información e redes da Fronteira Sur. Traballou en medios como a Cadena Ser ou El País e en organizacións como CEAR. Tamén foi asesor para o Goberno canario en asuntos migratorios. Especialista en mobilidade humana e nenez migrante, na actualidade cursa estudos sobre Cultura Fronteiriza.