Resultados do I Recoñecemento Internacional Acampa 2021
Pola paz e o dereito a refuxioO Movimento dos Traballadores Sem Terra do Brasil, MST e o histórico activista Nicanor Acosta foron os máis votados no I Recoñecemento Internacional á Defensa dos Dereitos Humanos.
As votacións en cada unha das dúas categorías – internacional e galega – segretas, verificables e abertas non só as persoas asociadas ao movemento Acampa senón á cidadanía, decidiron que sexan o MST brasileiro, con un 22,73% dos votos, e o activista coruñés Nicanor Acosta, co 53,49%, os primeiros en recibir o Recoñecemento de Acampa, que toma forma nunha alegórica escultura da artista Pilar Subías.
Calqueira das candidaturas presentadas era, abofé, merecedora do noso aplauso colectivo pola súa labor e o seu traballo no tecido dunha sociedade máis xusta e humana. Pero os votos das organizacións, particulares asociados á rede e a cidadanía impricada con Acampa elixiron ao MST e a Nicanor Acosta.
I Recoñecemento Internacional á Defensa dos Dereitos Humanos
Acampa 2021
O MST Trátase dun dos movementos sociais máis potentes de América Latina. Leva desde 1984 defendendo o acceso dos brasileiros á terra, tal e como se recolle na Constitución Federal e na Reforma Agraria incumprida, promovendo ocupacións pacíficas e impulsando estruturas cívicas e sociais funcionais nos seus campamentos ao longo de todo o país no que viven centos de miles de persoas.
Confiamos en que, se a realidade pandémica permíteo, sexa o seu Secretario Xeral, João Pedro Stedile quen recolla o recoñecemento na Coruña durante a celebración do V Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio 2021 que se celebrará o 9,10 e 11 de setembro.
I Recoñecemento Local (Galicia) á Defensa dos Dereitos Humanos
Acampa 2021
Nicanor Acosta é unha presenza cotiá en canta causa xusta sae á rúa na Coruña e Galicia. A voz do activista Nicanor Acosta – 82 anos – sempre soa tras o altofalante da reivindicación a prol dos máis desfavorecidos.
Militante antifranquista, é o impulsor das Festas pola Diversidade Cultural no barrio Agra do Orzán, do Foro Galego de Inmigración e das primeira e segunda Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia (2009-2010).
Acampou no movemento 15M e encabezou as súas manifestacións. Participou en Stop Desafiuzamentos e organizou ás persoas afectadas pola estafa das preferentes. Ademais, é o fundador da asociación Forum Propolis, cuxo local sempre está a disposición para os encontros de moitos movementos sociais, e no que programa frecuentemente mesas redondas sobre os máis diversos temas de actualidade.
Nicanor Acosta participa en Vanguardia Obreira, en Acampa pola Paz e noutras moitas causas.
Desde o movemento Acampa congratulámonos do resultado. O obxectivo do recoñecemento, pór en valor a necesidade da defensa dos Dereitos Humanos, destacando o labor de organizacións ou persoas referentes nese eido e que sexan un exemplo para toda a sociedade, está máis que cumprido cos resultados da votación.
Aquí vos deixamos, en dous roscos, os resultados acadados por cada unha das candidaturas que concorreron ao noso I Recoñecemento Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio: