IV Recoñecemento Local (Galicia) Acampa 2023

Pola paz e o dereito a refuxio
Escultura Recoñecemento

Candidaturas Propostas

para o

IV Recoñecemento Local (Galicia)

Trátase dun recoñecemento anual a entidades ou persoas que destaquen na defensa dos Dereitos Humanos, especialmente nos campos de actuación de Acampa: defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito a Refuxio e a defensa da Paz e o diálogo como fórmula para resolución de conflitos.O obxectivo é poñer en valor a necesidade da defensa dos Dereitos Humanos presentando o traballo realizado por organizacións e persoas que son un referente e un exemplo para toda a sociedade. Pretendemos poñer o foco mediático na situación de retroceso dos Dereitos Humanos en todo o mundo e a importancia de recuperalos e defendelos coa forza e resiliencia das organizacións e persoas que reciben este recoñecemento, que será proposto e votado por todas as organizacións e persoas que conforman a Rede Acampa Internacional.

AGA-UCRAÍNA

AGA UCRAINA candidatura Galicia Acampa pola paz e o refuxio 2024

GA-Ucraína é unha asociación creada en Galicia por mor do conflito en Ucraína, para dar cobertura aos civís que escapan da guerra iniciada por Rusia contra ese país. Desde entón, trata de dar resposta inmediata ás necesidades da poboación desprazada, tanto na acollida das persoas refuxiadas que chegaron e chegan á comunidade autónoma galega -na actualidade hai unhas 3.000 persoas – como en prestar a súa asesoría en materia de protección internacional. Así mesmo, traballan no envío de bens de primeira necesidade ás persoas que aínda permanecen en primeira liña do conflito. Prestan asesoría xurídica, xestionan a acollida e dan apoio en materia de inserción laboral.

https://www.agaucraina.org

AGA UCRAINA candidatura Galicia Acampa pola paz e o refuxio 2024

MANUEL MARTÍN GARCÍA,

Voceiro de SOS SANIDADE PÚBLICA de Galicia

Manuel Martín García SOS Sanidade Pública candidatura Galicia Acampa pola paz e o refuxio 2024

Voceiro da plataforma SOS SANIDADE Pública de Galicia e presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da SANIDADE PÚBLICA. O currículo de Manuel Martín, médico de profesión, non deixa lugar a dúbidas sobre o seu compromiso coa sanidade pública e a súa defensa da atención primaria como o elo imprescindible para un bo funcionamento do sistema sanitario. Desde hai anos, SOS Sanidade vén denunciando o desmantelamento interesado e progresivo da atención sanitaria en Galicia, en beneficio da medicina privada, algo que afecta ao global da poboación galega pero máis aínda se miramos o seu estrato máis vulnerable. Iso deriva no incremento da mortalidade evitable e xeral, non explicable pola epidemioloxía, tal e como certifican os últimos informes do Ministerio de Sanidade.

SOSSanidade, apoiada por todo tipo de entidades e colectivos en defensa do sistema público de saúde, denuncia a súa deterioración e graves problemas pola irresponsable xestión destrutiva da Xunta de Galicia que reduciu o gasto en sanidade, eliminou facultativos e servizos, pechou centros de atención primaria e alongou e agochou as listas de espera nos hospitais mentres se subcontrata, privatiza ou deriva e engordan as arcas da sanidade privada. Os orzamentos que manexa o SERGAS, o 14 % do orzamento global de Galicia, son a metade dos que a OMS sinala como necesarios e que cifra no 25 por cento.

@sos_sanidade

Manuel Martín García SOS Sanidade Pública candidatura Galicia Acampa pola paz e o refuxio 2024

FUNDACIÓN SECRETARIADO GITANO

FUNDACIÓN SECRETARIADO GITANO candidatura Galicia Acampa pola paz e o refuxio 2024

A nosa comunidade ten unha débeda pendente co pobo xitano. Aqueles que, sendo discriminados, responden coa acción non violenta, traballando permanentemente pola igualdade, merecen dobre recoñecemento: pola súa acción e polas condicións de desigualdade desde as que o fan.

A FSG desenvolve todo tipo de accións que contribúan a alcanzar a plena cidadanía das persoas xitanas, a mellorar as súas condicións de vida, a promover a igualdade de trato e a evitar toda forma de discriminación, así como a promover o recoñecemento da identidade cultural da comunidade xitana.

https://www.gitanos.org

FUNDACIÓN SECRETARIADO GITANO candidatura Galicia Acampa pola paz e o refuxio 2024