EXPOSICIÓNS 2024

1.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_MAJDI-FATHI
2.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_ANA-PALACIOS
3.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_RODRIGO-ABD
4.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_MARTA-MOREIRAS
5.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_PEDRO-ARMESTRE
6.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_BRUNO-THEVENIN
7.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_DIEGO-IBARRA
7.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_VINCENT-TREMEAU
Sobre o autor

Majdi Fathi Suleiman Qraiqea naceu en Gaza. Traballa desde hai décadas no obxectivo de mostrar a beleza e a realidade da súa cidade natal. Na actualidade é autónomo en Nurphoto, aínda que antes traballou para diversas axencias de comunicación, entre elas Apollo. É experto en realización e iluminación, tamén profesor de fotografía.

Cubriu a guerra en Gaza desde o 2008 e expuxo o seu traballo dentro e fóra de Palestina (Líbano, Xordania, Malaisia, Italia, Francia e agora en España). Desde o 7 de outubro pasado, documenta ao minuto a destrución e devastación da Franxa baixo os bombardeos e o asedio israelí.

Obtivo, entre outros, o Premio da Axencia Anadolu de Turquía 2012, o Sharjah de Imaxe Árabe 2014, o Premio Press House 2019 e o Premio da Universidade Dar Al Kalima Premio Karima Abboud de Fotografía 2021.

Facebook: @majdi.fathi.5
Instagram: @majdi_fathi

Majdi Fathi fotografo acampa 2024

Majdi Fathi

Ana Palacios

2.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_ANA-PALACIOS
NENOS ESCRAVOS. A PORTA DE ATRÁS.

Que sucede despois de que un neno escapa da escravitude?

Como se reconstrúe unha infancia rota?

Miles de menores son traficados anualmente en África subsahariana, vendidos por uns poucos euros e falsas promesas dunha vida mellor, que se traduce nunha situación de escravitude, sometidos a maltrato físico e psicolóxico, afastados durante anos dos seus lugares de orixe e familiares. A causa principal desta eiva afunde as súas raíces na extrema pobreza e na normalización destes comportamentos por descoñecemento dos dereitos da infancia.

Este proxecto, levado a cabo en centros de acollida de Mensaxeiros da Paz, Misións Salesianas e as Carmelitas Vedruna en Togo, Benín e Gabón durante tres anos, documenta como é a devolución á sociedade dun menor escravo no século XXl. Móstranos que existe unha “porta de atrás” que atopan, abren e atravesan con éxito algúns deses miles de nenos e nenas escravos en África Subsahariana, a rexión con maior incidencia de explotación infantil do planeta, onde un de cada catro menores vive baixo algunha forma de escravitude.

Sobre a autora

Ana Palacios é xornalista e fotógrafa documental especializada en comunicación integral de proxectos con impacto social vinculados ao terceiro sector.

Logo de máis de quince anos traballando na produción de cine americano, cambia radicalmente a súa vida e emprende o camiño do documentalismo vinculado aos Dereitos Humanos, do territorio e dos animais. Documenta en profundidade proxectos de cooperación ao desenvolvemento impulsados por fundacións e ONG cun enfoque de “xornalismo de solucións”. 

A súa obra foi premiada, publicada e exposta nos cinco continentes. É mentora do Canon Europe Student Programme, membro do xurado de premios internacionais de fotografía e docente en escolas e universidades europeas. Publicou tres libros e dirixiu un documental sobre escravitude infantil dispoñible en Filmin.

Facebook: @AnaPalaciosPhotographer
Instagram: @anapalaciosphoto
X: @apalaciosrubio

fotógrafo Acampa 2024

INFANCIA INTERROMPIDA

Estas fotos non documentan afgáns cruzando campos, cidades nin mares. Nin as continxencias que afrontan nos lugares onde principia a reconstrución das súas vidas. Este traballo intenta, pola contra, retratar a cotiandade dunha poboación que resiste no territorio de seu, aos dous anos da toma do poder por parte dos talibáns.

Rapazas adolescentes que teñen prohibido estudar —e que xa nin protestan por medo a represalias gobernamentais—, adultas que cada día teñen máis restrinxido o dereito ao traballo; todo no medio dunha crise económica brutal que empurra a miles a emprender a tortuosa viaxe migratoria na procura de refuxio en países veciños ou en Europa.

Foron tomadas cunha cámara “do minuto”, alí chamada kamra-e-faoree, un dispositivo moi popular en todo o mundo nos 60, 70 e 80, pero que no país persa seguiuse usando ata principios dos 2000. Foi daquela, camiñando polas rúas de Cabul como correspondente da axencia Associated Press, cando me topei cos fotógrafos da rúa tirando retratos con este traste a quen precisaba fotos de carné ao momento para trámites burocráticos. Eles aprendéronme a usar a cámara e transmitíronme o cariño que sentían por un oficio completamente artesanal.

O obxectivo desta mostra é volver sensibilizar a ese público global que durante décadas puxo o ollo en Afganistán, un país que actualmente semella estar desaparecido da axenda mundial.

Sobre o autor

Rodrigo Abd naceu en Bos Aires en 1976. A súa carreira como fotógrafo comezou nos xornais La Razón e La Nación, entre 1999 e 2003. Desde 2003 é fotógrafo da axencia Associated Press (AP). Ata o 2012, e sacando o 2006 que se estableceu por un ano en Cabul (Afganistán), a súa sede foi Guatemala. Entre 2012 e 2020 residiu en Lima, Perú. Desde 2021 vive en Bos Aires, cubrindo, como durante toda a súa carreira, conflitos sociais por todo o mundo. 

Cun equipo de fotógrafos de AP, foron ganadores do Premio Pulitzer 2013 polo seu traballo na guerra civil en Siria e tamén en 2023 pola cobertura da guerra en Ucraína. Entre outros premios individuais, destacan o World Press Photo en 2013, o prestixioso premio Maria Moors Cabot de Columbia University, pola súa excelencia na cobertura en América Latina e o Caribe en 2016, e en 2022 o premio GABO pola súa cobertura da guerra en Ucraína.

Instagram: @abdrodrigo

fotógrafo Acampa Rodrigo Abd 2024

Rodrigo Abd

Marta Moreiras

4.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_MARTA-MOREIRAS
Máis forte ca estigma

En Guinea Bissau, o 70 % da poboación vive por debaixo do limiar da pobreza. A inestabilidade política permanente e a escaseza de recursos no país teñen un impacto catastrófico na educación e a infancia. Algúns indicadores son alarmantes: o 5 % de nenos e nenas morren antes de cumpriren 5 anos e só un de cada dous terminará a primaria.

Ser neno ou nena en Guinea Bissau é unha carreira chea de obstáculos. A situación aínda é máis complexa para os menores con diversidade funcional. O 16 % de menores de entre 5 e 17 anos teñen algún tipo de discapacidade e viven cun grande estigma. A crenza de que non son seres humanos, senón unha encarnación do demo, está socialmente estendida. A superstición e o medo fan que sexan abandonados polas súas familias ou incluso sacrificados, especialmente nas zonas rurais do país.

O acceso á saúde, a educación, a asistencia social e outros servizos básicos é extremadamente limitado. Neste contexto, asociacións da sociedade civil e oenegués traballan para promover os dereitos das persoas con diversidade funcional e combater o estigma e a discriminación.

Para alén das estatísticas, as persoas con discapacidade son un dos colectivos máis vulnerables que existen no mundo. Máis forte ca o estigma documenta a realidade que viven os nenos e nenas con diversidade funcional en Guinea Bissau que, se non contan co apoio e a comprensión das súas familias e de toda a comunidade, enfróntanse a enormes dificultades para saíren adiante.

Sobre a autora

Marta Moreiras (Compostela, 1981) é fotógrafa documental e xornalista residente en Dakar (Senegal) desde 2015. Licenciada en Comunicación Audiovisual e con estudos en Filosofía, completou a súa formación en London College of Communication cun Máster en Fotografía Documental e Fotoxornalismo en 2009. 

Residiu en Londres durante sete anos, experiencia que transformou a súa percepción do mundo así como a súa forma de traballar, que desde entón é máis colaborativa e experimental. Combina o seu traballo de fotógrafa coa docencia e imparte obradoiros de fotografía participativa para a transformación social no Reino Unido, España e Senegal para persoas con diversidade funcional, adolescentes en risco de exclusión, superviventes da trata de persoas ou fotógrafas africanas.

Ademais do seu labor xornalístico, desenvolve proxectos como experta en comunicación audiovisual coa FAO, OIM, ONUDC e a UE.

O seu traballo estivo exposto no Reino Unido, Estados Unidos, España, Portugal, Francia, Bélxica, Alemaña, Arxentina, Brasil, Marrocos, Quenia, Guinea Bissau e Senegal. Algunhas das súas reportaxes foron publicadas en El País, BBC, Der Spiegel, Euronews, Colors, Akzente Magazine, El Periódico, La Voz de Galicia, Luzes ou El Salto, entre outros.

IG: @martamoreiras
X: @martamoreiras

Marta Moreiras fotografo acampa 2024

Menores non acompañados. A man que ninguén sostén.

Son nenos. E nenas. Só iso. Por moito que lles ispamos a infancia e os esvaezamos baixo ese tan deshumanizador acrónimo MENA (menor estranxeiro non acompañado), non conseguiremos borralos.

Están aí, chamando na fronteira sur de Europa. Calados despois de nadar horas para enfrontárense a unha comitiva de recepción nada acolledora. Retorcendo os seus corpos ata adaptarse ao angosto oco que queda baixo un camión. Empoleirados nun valo rematado con concertinas, coma pequenos Cristos coa súa particular coroa de espiñas. Acazapados no bosque. Concentrados no dique cando cae a noite, á calor dun lume improvisado. Sós. A centos ou miles de quilómetros desa rede de seguridade que é a familia. Perdendo dereitos ou afastándose da posibilidade de telos a cada paso. Entre o soño e o nada. Sen ninguén, en definitiva, que sosteña a súa man.

Sobre o autor

Fotógrafo de recoñecido labor nos eidos da defensa do medio ambiente e os Dereitos Humanos, vinculado profesionalmente a Greenpeace, Save the Children ou Alianza para la Solidaridad. 

Polo seu traballo, tense achegado en varias ocasións aos menores non acompañados que chaman á porta de Europa na fronteira sur. Documentou o meirande campo de refuxiados rohinyás en Bangladesh ou a barbarie do matrimonio infantil en Serra Leoa. Pousou a súa mirada en múltiples crises humanitarias: Somalia, Níxer, Moria (Lesbos), Macedonia, Serbia, Xordania, Turquía, Ucraína e Romanía. 

Varias veces premiado, destacan o Premio Rey de España de Periodismo, o Pictures of the Year International POYi ou o Premio Ortega y Gasset. Foi, ademais, o único fotógrafo que accedeu ao interior do hospital de campaña en que se converteu o IFEMA cando apareceu a covid-19, en marzo do 2020, e a pandemia asolaba, asombraba e paralizaba o mundo enteiro.

Instagram: @Pedro_Armestre
X: @PedroArmestre 

Pedro ARMESTRE fotógrafo Acampa 2024

Pedro Armestre

Bruno Thevenin

6.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_BRUNO-THEVENIN
Están a apagarnos

«Están a apagarnos» é un proxecto que comezou a finais do ano 2020, cando a empresa eléctrica Naturgy decidiu cortarlles a luz a máis de 4500 persoas que habitan nos sectores VI e V da Cañada Rea (Madrid)l.

Dise fácil e sopórtase mal. Cando o 2 de outubro de 2020 se apagaron as lámpadas nun amplo sector da Cañada Real Galiana, ninguén pensou que ía pasar tanto tempo sen resposta das Administracións: algunhas miran para outro lado porque non é da súa competencia, outras poñen sobre as sombras dun barrio precarizado o ollo de quen só ve terras para os futuros negocios de ladrillo e cemento.

Pasaron as vacacións de inverno —nunca tan inverno— e unhas festas de Nadal de árbores apagadas e sidras sen refrixerar. Filomena pareceu espertar unha poboación madrileña ata alí máis disposta a sinalar co seu dedo acusador que a empatizar coa dramática situación que vivían 4500 persoas dos sectores V e VI da Cañada. En especial, con eses 1812 menores de idade que nin sequera a intervención de organismos de Nacións Unidas soubo protexer.

Sobre o autor

Bruno Thevenin, fotoxornalista hispano-francés afincado en Madrid. Unha vez finalizada a súa formación en fotografía e xornalismo, comezou a traballar para medios internacionais en varios zonas conflitivas do mundo.

Nestes anos centrouse en documentar conflitos político-sociais, publicando en varios medios nacionais e internacionais. Desde o levantamento das tribos nativas en Dakota do Norte (Estados Unidos), pasando polos territorios ocupados en Cisxordania (Oriente Medio), os campamentos saharauís, as rutas migratorias nos Balcáns e no mar Mediterráneo e a recente guerra en Ucraína.

A maior parte do seu traballo está centrada en Palestina; leva viaxando desde 2017, documentando o aumento da violencia e a inseguridade na rexión.

O seu traballo estivo exposto en varias cidades do mundo e foi recoñecido por certames internacionais.

Instagram: @bruno_thevenin
X: @BrunoThevenin

Bruno Thevenin fotógrafo Acampa 2024

EDUCACIÓN SECUESTRADA: UCRAÍNA

A guerra non remata co son final dunha bala, un cartucho baleiro no chan, unha bandeira que se iza. As feridas abertas escriben con sangue o futuro de millóns de nenos e os seus efectos reverberan no tempo. O crecente ataque ás escolas, a militarización da infancia, o uso de centros docentes polos actores armados e o exilio poñen en risco unha xeración perdida.

En Ucraína, miles de escolas soportan o peso da violencia, moitas delas danadas ou destruídas. Alí, a educación leva baixo ataque desde que Rusia invadiu Ucraína por primeira vez en 2014. A invasión a grande escala en 2022 perturbou gravemente a educación das nenas e os nenos ucraínos, que xa sufriran o peche de escolas pola covid-19.

En 2008, en colaboración coa ONG Right to Education, pasei dous meses rastrexando como a guerra afecta a infancia en Ucraína. Cando esta se reavivou, en febreiro de 2022, decidín regresar co apoio de The New York Times, France 24 e Unicef. Desde entón, entre 2022 e 2023, estiven documentando os ataques á educación en distintas cidades do país. “Educación secuestrada: Ucraína” é parte dun proxecto fotográfico iniciado en 2012, no que documento os ataques á educación e as súas consecuencias en países como Paquistán, Siria, Afganistán, Nixeria, Nagorno Karabakh, Iraq, Líbano e Colombia.

Sobre o autor

Licenciado en Xornalismo e cun posgraduado en Fotoxornalismo, Diego Ibarra Sánchez é un fotoxornalista aragonés afincado no Líbano desde 2014 e especializado en proxectos de longo percorrido. É colaborador habitual de The New York Times; empezou a traballar con eles en Paquistán en 2012, onde viviu durante cinco anos. Cubriu a morte de Bin Laden, as inundacións de Paquistán, a caída do califato en Mosul, o xenocidio yazidí, a guerra de Ucraína ou o renacer do ISIS en Siria. En setembro de 2022 publicou o seu primeiro libro, The Phoenician Collapse, unha radiografía persoal do descenso ao caos do Líbano 

Desde hai máis de dez anos traballa para mostrar como afecta a guerra á educación. Afastado da adrenalina mediática, busca mostrar as consecuencias da violencia, a resiliencia e o estoicismo dos protagonistas das súas historias para destacar non só os estragos da guerra, senón a superación e a esperanza da supervivencia. 

Recibiu numerosos premios internacionais e expuxo en galerías americanas, europeas e asiáticas.

Instagram: @diego.ibarra.sanchez

Diego Ibarra Sánchez fotógrafo Acampa 2024

Diego Ibarra

Vincent Tremeau

7.REDES-SOCIAIS-ACAMPA-2024_VINCENT-TREMEAU
Algún día fareino

“Algún día fareino” (“One Day I Will”, ODIW) é unha iniciativa artística do fotógrafo Vincent Tremeau, coa que captura as aspiracións da infancia e a xuventude en zonas de crise. Os nenos e nenas son fotografados coas roupas ou os trebellos que identifican as profesións dos seus soños, o que lles ofrece unha ventá ás súas esperanzas malia as súas circunstancias difíciles. O proxecto, documentado en zonas devastadas por conflitos e desastres naturais, mostra a resiliencia e os desexos da infancia e a xuventude. Exhibido en todo o mundo e recoñecido por medios prestixiosos como National Geographic e CNN, pon énfase na forza do espírito humano e o papel da fotografía no fomento da empatía.

A iniciativa transformouse nunha organización sen fins de lucro cuxo obxectivo é converter estes soños en realidade. Trátase de apoderar estes nenos e nenas por medio da educación, a formación, os proxectos artísticos comunitarios e a conciencia global. Dirixida á infancia e a xuventude afectadas por conflitos, pobreza e desastres, a organización quere proporcionar as ferramentas necesarias para lograr as súas ambicións. A organización mantense grazas a doazóns e ao apoio de asociacións que se esforzan en crear un futuro mellor para os nenos e nenas que viven nas sombras da crise, a través da concienciación, a educación e o apoio directo.

Sobre o autor

Fotógrafo francés. Licenciado en Dereito, ten realizado varias misións como traballador humanitario en países afectados por crises. Desde 2014, Vicent Tremeau traballa como fotógrafo independente, documentando varias crises humanitarias en África, Asia, Medio Oriente e América Latina.

Instagram: @vtremeau
X: @VincentTremeau

Vincent Tremeau fotógrafo Acampa 2024