A Asociación

ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, por persoas solidarias, e institucións e empresas con responsabilidade social.

Ten como obxectivo:

  • A defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio.
  • Abrir un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente.
  • Afondar nas causas dos acontecementos para contrastar a información.

REDE ACAMPA é:

  • Unha expresión de compromiso coa Paz e o Dereito a Refuxio.
  • Promove á participación e a implicación.
  • É un encontro cidadán activo no que contamos coa participación das persoas protagonistas, das vítimas, das ONGs, dos activistas, especialistas e xornalistas que traballan no marco do periodismo humanitario.
  • Acollemos proxeccións, fotografía, música, teatro… eventos artísticos de todo tipo.
  • Tamén facemos a montaxe de campos de persoas refuxiadas simulados e organizamos visitas guiadas para que a cidadanía saiba como é un campo, e se achegue, por un pouco de tempo, ao que senten os que neles viven.

O obxectivo final de REDE ACAMPA é entender mellor as verdadeiras causas das guerras, dos conflitos, e dos efectos que o espolio de recursos e a avaricia do capitalismo máis atroz ten sobre a vida de millóns de persoas.

ACAMPA facilita a participación cidadá, e nas nosas propostas reflexivas cada persoa achega a súa enerxía, a súa capacidade e a súa opinión ao tempo que coñece o traballo das ONGs, asociacións, organizacións políticas, sindicatos, institucións, grupos informais, empresas con responsabilidade social, colectivos profesionais, e demáis profesionais implicados na defensa dos Dereitos Humanos.

REDE ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO naceu na Coruña (Galicia-España) no ano 2016 coa vocación de estenderse e replicarse noutras cidades e países. Actualmente funciona xa a REDE ACAMPA BRASIL e está conformando a súa andaina a REDE ACAMPA PORTUGAL.