V Recoñecemento Internacional Acampa 2025

Pola paz e o dereito a refuxio
Escultura Recoñecemento

Candidaturas Propostas

para o

V Recoñecemento Internacional

Trátase dun recoñecemento anual a entidades ou persoas que destaquen na defensa dos Dereitos Humanos, especialmente nos campos de actuación de Acampa: defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito a Refuxio e a defensa da Paz e o diálogo como fórmula para resolución de conflitos. O obxectivo é poñer en valor a necesidade da defensa dos Dereitos Humanos presentando o traballo realizado por organizacións e persoas que son un referente e un exemplo para toda a sociedade. Pretendemos poñer o foco mediático na situación de retroceso dos Dereitos Humanos en todo o mundo e a importancia de recuperalos e defendelos coa forza e resiliencia das organizacións e persoas que reciben este recoñecemento que será proposto e votado por todas as organizacións e persoas que conforman a Rede Acampa Internacional..

Acampa 2025 V Recoñecemento a entidades ou persoas que destaquen na defensa dos Dereitos Humanos abuelas plaza de mayo argentina
acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos youli velasques
Acampa 2025 v recoñecemento medicos e sanatorios de Gaza
ACAMPA 2025 v recoñecemento dereitos humanos lula da silva
Acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos MSF
acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos Bisan Owda
acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos despenalización aborto salvador
acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos francesca albanese
acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos UNRWA
acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos ican

AVOAS PRAZA DE MAIO

(Arxentina)

Acampa 2025 V Recoñecemento a entidades ou persoas que destaquen na defensa dos Dereitos Humanos abuelas plaza de mayo argentina

A organización Avoas da Praza de Mayo leva décadas nunha loita incansable por reconstruír as historias familiares rotas, secuestradas e silenciadas pola ditadura arxentina, e defendendo o dereito á identidade, a obrigación á memoria e á reparación. Comezaron este ano contando ao mundo a mellor das novas: a recuperación número 139, neste caso unha neta que puido reconstruír a súa historia e coñecer á súa familia, á real que lle arrebatou a ditadura. O seu compromiso coa verdade é un exemplo para seguir. O seu pano branco é o símbolo da resiliencia e aí seguen na loita, cando o seu país, novamente, parece poder asomarse de novo ao abismo e volven estar cuestionadas e perseguidas. 

As Avoas son o mellor exemplo para calquera ser humano que dubide sobre a súa capacidade individual para cambiar o mundo e defender as causas xustas.

A proposta dunha socia particular de Acampa pola Paz, Sofía Reyes.

 

Acampa 2025 V Recoñecemento a entidades ou persoas que destaquen na defensa dos Dereitos Humanos abuelas plaza de mayo argentina

MÉDICOS E SANITARIOS DE GAZA.

 

Acampa 2025 v recoñecemento medicos e sanatorios de Gaza

Os médicos e sanitarios de Gaza tiveron que salvar vidas sen hospitais, materiais ou medicamentos, traballando en carpas, en espazos devastados nos que non quedou unha casa en pé. Asasinados, bombardeados continuamente véndose na obriga a facer cirurxías sen instrumentación, atendendo partos, cesáreas, neonatos nas peores condicións imaxinables. Un traballo incesante e desgastador que non deixaron a pesares de ser obxectivo prioritario do xenocidio que Israel executou sobre Gaza. Foron detidos por ser sospeitosos de estar implicados en actividades terroristas, perderon ás súas familias, resultaron feridos… e, con todo, non abandonaron aos seus pacientes. 

A proposta de Asociación Cultural Fuco Buxán

Acampa 2025 v recoñecemento medicos e sanatorios de Gaza

Médicos sen Fronteiras

Acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos MSF

Médicos Sen Fronteiras (MSF) é unha organización médica e humanitaria internacional que achega a súa axuda ás vítimas de desastres naturais ou humanos e de conflitos armados, sen ningunha discriminación de raza, sexo, relixión, filosofía ou política.

Recibiu o Premio Nobel da Paz de 1999 en recoñecemento aos continuos esforzos dos seus membros para brindar atención médica en crises agudas, así como para aumentar a conciencia internacional sobre posibles desastres humanitarios.

A pesar dos crecentes desafíos políticos e operativos, Médicos Sen Fronteiras segue realizando operacións de procura e rescate no mar Mediterráneo central e dando asistencia e atención de emerxencia ás persoas sobreviventes.

A proposta de Amnistía Internacional Coruña

Acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos MSF

AGRUPACIÓN CIDADÁ POLA DESPENALIZACIÓN DO ABORTO NO SALVADOR

 

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos despenalización aborto salvador

A Agrupación Cidadá pola Despenalización do Aborto no Salvador foi fundada no ano 2009 co fin de promover a conciencia cidadá para cambiar a lexislación existente en materia de aborto no país; defender legalmente ás mulleres que foron condenadas ou están a ser acusadas por abortos, emerxencias obstétricas ou delitos relacionados; divulgar na sociedade a necesidade de que as mulleres reciban asistencia adecuada para asegurar a súa saúde sexual e reprodutiva, de tal maneira que non se lles obrigue a recorrer a abortos inseguros que poñen en risco as súas vidas.

No Salvador, desde o ano 1998, existe unha lexislación restritiva que penalizou o aborto en todos os casos; mesmo cando a vida e a saúde da muller xestante está en risco. As mulleres que sofren unha emerxencia de saúde durante o embarazo son criminalizadas e, pola presunción de culpabilidade, enfrontan procesos xudiciais inxustos que as poden levar a cumprir ata 40 anos de cárcere. Como é obvio, ademais, esta lei afecta principalmente a mulleres que viven en situación de pobreza. A investigación “Do Hospital ao Cárcere” rexistrou 181 casos xudicializados de 1998 a 2019. A día de hoxe, o número de casos xudicializados aumentou a 196. 

Desde o ano 2009, a Agrupación Cidadá pola Despenalización do Aborto no Salvador liderou a defensa das mulleres criminalizadas produto da lexislación salvadoreña; ata agora, 73 mulleres recuperaron a súa liberdade e reuníronse coas súas familias logo de décadas privadas de liberdade.

A proposta da ACPP Galicia (Asemblea de Cooperación Pola Paz)

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos despenalización aborto salvador

UNRWA

Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos UNRWA

A Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos, que desde fai sete décadas traballa atendendo ás persoas refuxiadas palestinas, recibiu nos últimos anos os máis duros envites desde Israel, especialmente durante a súa última ofensiva contra Gaza, iniciada en outubro do 2023, que arrasou a Franxa e causou máis de 45.000 mortos. Acusounos falsamente de terrorismo, impediu a entrada de axuda humanitaria, e atosigou, atacou e matou a moitos dos seus voluntarios.

Pese ao horror, a UNRWA e o seu persoal non abandonaron á poboación de Gaza. Nese e outros territorios palestinos, a supervivencia depende desde hai décadas desta axencia que vén encargándose de facilitar alimentos, educación e atención médica a millóns de refuxiados. Escolas, clínicas, centros para mulleres e discapacitados, mantemento de infraestruturas e campamentos son unha realidade grazas á UNRWA.

A proposta dunha asociada particular de Acampa, Paz Vázquez, e de Vangarda Obreira

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos UNRWA

YULI VELÁSQUEZ

Defensora medioambiental colombiana

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos youli velasques

Enxeñeira ambiental, Yuli Velásquez é unha lideresa colombiana apaixonada polo traballo comunitario, a defensa do medio ambiente e as cicatrices da guerra. Desde a organización que preside, FEDEPESAN, loita contra o roubo da auga que empresas como Ecopetrol, dona da refinería de Barrancabermeja, practica nesa área colombiana, así como contra a corrupción detectada no uso dos recursos públicos que deberían ser destinados á recuperación da ciénaga de San Silvestre. A súa loita diríxese tamén contra o goberno colombiano polos plans piloto de fracking para a extracción de petróleo que está a poñer en marcha, unha práctica prohibida en diferentes países polo dano irremediable que lle fai ás augas subterráneas que permiten a vida neses ecosistemas. 

A pesar de sufrir un atentado pola súa actividade ambiental, Velásquez segue defendendo aos pescadores e pescadoras que usan as augas do que é o principal municipio petroleiro de Colombia fronte ao espolio das industrias extractivas. Polo seu labor, Yuli Velásquez recibiu xa o Premio de Dereitos Humanos 2024 de Amnistía Internacional Alemaña. Na súa recepción dedicou o galardón “ás persoas pescadoras que foron asasinadas e lanzadas ao río mentres os culpables quedaban impunes. Dedicámolo ás persoas enviudadas e orfas, aos e ás gardiáns dos ríos, os humidais e as canles.”

A proposta de Poten100mos.

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos youli velasques

LULA DA SILVA

Presidente do Brasil

ACAMPA 2025 v recoñecemento dereitos humanos lula da silva

Nado en 1945, Luiz Inácio Lula da Silva é o sétimo de oito irmáns. Aos 12 conseguiu o seu primeiro traballo, nunha tinturería. O hoxe presidente de Brasil foi limpabotas e mozo de oficina. Aos catorce comezou nunha fábrica de parafusos na que se formou como metalúrxico. En 1975 foi elixido presidente do sindicato metalúrxico, que representaba a 100.000 traballadores do sector, co 92% dos votos. A pesar da represión da ditadura e a prohibición de folgas obreiras, Lula da Silva conseguiu que 170.000 obreiros metalúrxicos parasen.

 En 1980 funda o Partido dos Traballadores (PT), sendo detido en repetidas ocasións. En outubro de 2002, á idade de 57 anos, Lula da Silva foi elixido por primeira vez Presidente da República Federativa do Brasil, con case 53 millóns de votos. No seu primeiro mandato puxo orde en Brasil e preparou ao país para o crecemento económico, con importantes avances sociais e melloras significativas na distribución do ingreso, sobre todo grazas á política de aumento do salario mínimo, á creación récord de emprego e a programas de distribución de renda, como a chamada Bolsa Familia.

O 29 de outubro de 2006 foi reelixido Presidente da República con máis de 58 millóns de votos, a maior votación da historia de Brasil na época. En 2007 o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) comezou a colocar a Brasil na lista de nacións cun alto Índice de Desenvolvemento Humano. Da súa man, Brasil conseguiu suavizar os efectos que a crise de 2008 provocou en todo o mundo cunha redución das taxas de interese e dos impostos, incentivos ao consumo, a concesión de crédito, unha política de recuperación do salario mínimo e máis investimentos en programas sociais e infraestrutura, saíndo fortalecido.

Sucédelle Dilma Rousseff, mentres el se dedica a organizar o Instituto Lula e a difundir as súas experiencias. Mais en 2014, a chamada Operación Lava-Jato pon en marcha a persecución política, xurídica e mediática contra el, e en 2017 conseguen condenalo á vez que aproban un impeachment contra a súa sucesora perdendo o PT a presidencia. En 2018, ditada orde de detención contra el, entrégase permanecendo en prisión 580 días. Finalmente, a sentenza anúlase e en 2021 recupera os seus dereitos políticos conseguindo, a finais de 2022, o seu terceiro mandato presidencial, con 60 millóns de votos, arrebatándollo ao ultradereitista Jair Bolsonaro. 

Combater a fame, a pobreza, defender o dereito á educación pública de calidade e para todos, a igualdade…, foron sempre os eixos centrais das súas políticas. O primeiro presidente de Brasil sen título universitario foi o que máis universidades públicas creou na historia do seu país e quen recibiu máis títulos honoris causa das máis destacadas universidades do mundo.

A proposta da coordinadora de Acampa Brasil, Célia Regina Rossi

ACAMPA 2025 v recoñecemento dereitos humanos lula da silva

​BISAN OWDA

Cineasta e xornalista palestina

BISAN OWDA candidatura internacional Acampa pola paz e o refuxio 2024

Bisan Owda é unha nova cineasta e xornalista palestina, moi coñecida polos seus vídeos en redes sociais e unha das voces que retransmitiu en directo o xenocidio do que estaba a ser obxecto a súa terra, Gaza. Durante os últimos dous anos, Bisan Owda documentou o día a día dese horror, correndo un altísimo risco como cada un dos compañeiros xornalistas e fotógrafos palestinos que, desde dentro de Gaza, foron os ollos e oídos do mundo. Grazas a eles, a inmunidade que parece protexer ao estado de Israel quebrouse un pouco. Grazas ao que Owda e os seus compañeiros obrigaron a mirar, a comunidade internacional non puido mirar cara outro lado e a Corte Penal Internacional acabou ditando unha orde de detención contra Netanyahu por crimes de guerra e crimes contra a humanidade, acusándoo de exterminio, uso da fame como arma de guerra, denegación da axuda humanitaria e ataques deliberados a civís.

A proposta de Asociación Alexandre Bóveda

BISAN OWDA candidatura internacional Acampa pola paz e o refuxio 2024

FRANCESCA ALBANESE

Relatora Especial da ONU para os territorios palestinos ocupados

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos francesca albanese

Desde maio do 2022 é Relatora Especial da ONU para os territorios palestinos ocupados. Francesca Albanese, avogada e académica internacional italiana experta en DDHH e migracións, foi a primeira muller en ocupar ese cargo e unha voz inquebrantable á hora de denunciar diante do Consello de Dereitos Humanos da ONU as graves violacións que sofre a poboación palestina de mans de Israel. 

Firme opositora da ocupación israelí, recomendou no seu primeiro informe que os Estados membros da ONU desenvolvesen un plan para poñer fin á ocupación colonial israelí e ao réxime de apartheid. Tras a última invasión de Gaza, en outubro do 23, pediu o cesamento do fogo inmediato e advertiu que os palestinos na Franxa corrían o risco dunha limpeza étnica masiva. O 26 de marzo de 2024, mentres a comunidade internacional mantiña a súa morna postura respecto ao conflito, Albanese informou ao Consello de Dereitos Humanos da ONU que as accións de Israel en Gaza equivalían a un xenocidio.

A proposta de UdCxPalestina

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos francesca albanese

ICAN

Iniciativa Internacional Contra Armas Nucleares

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos ican

A ICAN é unha coalición internacional de organizacións non gubernamentais que traballa na mobilización da sociedade civil mundial para conseguir a prohibición do uso e a eliminación das armas nucleares. Está integrada por máis de 600 organizacións asociadas. En 2017 recibiu o Premio Nobel da Paz polo seu traballo en visibilizar as catastróficas consecuencias humanitarias de calquera uso das armas nucleares, e polo seu esforzo pioneiro para lograr unha prohibición das mesmas nun tratado internacional. 

Resoan aínda as palabras que Setsuko Thurlow, a nena que fuxía, espida, baixo as bombas en Hiroshima, pronunciou no discurso de recollida dese premio Nobel: Cando era unha nena de 13 anos atrapada entre os cascallos fumarentos, seguín avanzando cara á luz e sobrevivín. A nosa luz agora é o tratado de prohibición. A todos os que están nesta sala e a todos os que escoitan en todo o mundo, repítolles aquelas palabras que escoitei cando me chamaban nas ruínas de Hiroshima: “Non te rendas! Segue avanzando! Ves a luz? Arrástrate cara ela.”

A proposta de Mundo Sen Guerras e Sen Violencia

acampa 2025 v recoñecemento dereitos humanos ican
Acampa - Pola paz e o dereito a refuxio
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.