III Recoñecemento Local (Galicia) Acampa 2023

Pola paz e o dereito a refuxio
Escultura Recoñecemento

Candidaturas Propostas

para o

III Recoñecemento Local (Galicia)

Trátase dun recoñecemento anual a entidades ou persoas que destaquen na defensa dos Dereitos Humanos, especialmente nos campos de actuación de Acampa: defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito a Refuxio e a defensa da Paz e o diálogo como fórmula para resolución de conflitos.O obxectivo é poñer en valor a necesidade da defensa dos Dereitos Humanos presentando o traballo realizado por organizacións e persoas que son un referente e un exemplo para toda a sociedade. Pretendemos poñer o foco mediático na situación de retroceso dos Dereitos Humanos en todo o mundo e a importancia de recuperalos e defendelos coa forza e resiliencia das organizacións e persoas que reciben este recoñecemento que será proposto e votado por todas as organizacións e persoas que conforman a Rede Acampa Internacional.

Rafael Pillado Lista

Rafael Pillado

Rafael Pillado Lista (San Cibrao, 1942- Ferrol 2023). Exemplo de incansable loita polas dereitos socias e políticos da clase traballadora.

Residente en Ferrol desde os dous anos, onde chega a familia seguindo ao seu pai, preso no Castelo de San Felipe pola súa militancia antifranquista. Aos 15 anos incorpórase á Escola de Aprendices da E.N.Bazán, empresa onde transcorre toda a súa vida laboral. En 1960 afíliase ao PCE, desenvolvendo unha intensa actividade política e sindical, participando na fundación das CCOO. Foi detido e encarcerado en varias ocasións e polos sucesos do 10 de marzo de 1972 foi procesado polo TOP no coñecido Xuízo dos 23, sendo condenado a 7 anos de cárcere, dos que cumpre 4 ao ser amnistiado na transición. Foi confundador do PCG, militou na Asemblea para Unidade dos Comunistas, Partido dos Traballadores e PSOE. Actualmente e ata o seu recente falecemento, colaboraba como inscrito en PODEMOS.

Foi cofundador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, da asociación cultural Fuco Buxán e da Asociación Galega de Vítimas do Amianto (AGAVIDA).

Proposta: Asociación Fuco Buxán

Proposta: Asociación Fuco Buxán

Rafael Pillado

MANUEL MONGE GONZÁLEZ

Manuel Monge

Manuel Monge, Sociólogo, docente e escritor. Despedido do colexio Tirso de Molina polo seu activismo do mesmo xeito que cando traballaba como mestre no antigo colexio público Ibáñez Martín de Ferrol. Dous meses no cárcere da Coruña con motivo da mobilización en Ferrol contra o Proceso 1001. Exerceu como profesor de ensino medio. Foi concelleiro do BNG na Coruña entre o 2003 e o 2007, e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Colabora con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.

Monge é un home comprometido na defensa dos Dereitos Humanos, entregado e militante na defensa das causas xustas tanto na cidade da Coruña, urbe na que vive, como no resto de Galicia. A súa loita mantida pola recuperación da memoria histórica no noso país faille traballar arreo para difundir a verdade, evitar o esquecemento e expandir a xustiza.

É autor de varios libros. Entre outros, “Os restos do franquismo en Galiza: exaltación, honras, privilexios e distincións a golpistas, franquistas e criminais”, “A historia secuestrada polo franquismo”, “Os borbóns: unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo”. Tamén “Autovías galegas. Crónica dunha farsa”, “Perdemos o tren. As claves políticas do atraso, 2014”, “Indecencias e corruptelas”, “O perverso goberno de Feijóo. Sete anos en negro, 2016” ou “Guía para non perderse en política”.

Proposta:Sofía Reyes

Proposta: Sofía Reyes

Manuel Monge

Alfonso Mascuñana Bordas

Alfonso Mascuña

Alfonso Mascuñana Bordas é un incansable activista social. Licenciado en Filosofía e Teoloxía, foi durante dez anos cura obreiro no barrio de Palavea, onde reside desde os anos setenta. Foi profesor de Filosofía no ensino público en diversas localidades.

Moi activo no movemento asociativo da Coruña, foi membro fundador da Asociación Veciñal de Palavea “Os nosos Fogares” en 1974. Tamén participou na creación dos Comités Óscar Romero na Coruña, do Movemento Junior, da Asociación Galega de Axuda a Bosnia e da Asociación Sociocultural “Campo de Pena”.

Pasou tres anos en Nicaragua como voluntario da revolución sandinista en asentamentos de persoas desprazadas pola guerra. Tamén estivo un ano en Honduras, na década dos 80, loitando a favor dos Dereitos Humanos no país. Despois de xubilarse como profesor de Filosofía volve a estes dous países en varias ocasións para colaborar en programas de cooperación.

O seu carácter solidario e de loita contra as inxustizas levou a Alfonso Mascuñana a ser voluntario na illa grega de Lesbos durante a coñecida como crise das persoas refuxiadas no ano 2016.

No activismo político, foi concelleiro no Barco de Valdeorras (2003-2007) e na actualidade forma parte de diversos movementos políticos e sindicais.

Proposta: Marea Atlántica

Proposta: Marea Atlántica

Alfonso Mascuña

A Maristela

A MariStela

“A Maristela” é o nome dunha asociación de mulleres que se funda en Sobrado dos Monxes (A Coruña) no ano 2.000, contando con 400 mulleres asociadas tamén doutros concellos limítrofes. Ás súas múltiples actividades culturais e sociais por moitas das parroquias espalladas por estes concellos sumaron a axuda e apoio aos refuxiados afgáns que chegaron recentemente á localidade.

Sobrado é un pequeno concello do interior da Galicia interior, con poboación envellecida e espallada polas súas aldeas. O contacto da presidenta de A Maristela cunha das persoas que se dedican a tramitar os visados e acollemento de refuxiados afgáns establecidos en Irán e Paquistán (onde fuxiron escapando da represión dos talibán) puxo todo en marcha. Tras falar co alcalde consegue que en marzo de 2022 cheguen a Sobrado a primeira parella de refuxiados, Zohra e Paktin, instalándose nun piso alugado polo concello para tal fin. É a asociación A Maristela a que lles prové de mobles, roupa, alimentos, equipamentos, e cobre os gastos de luz e desprazamentos. Uns meses despois chegaron tres mulleres máis, unha nai e dúas fillas: Zarghouna, Lima e Meena e instaláronse tamén no mesmo piso. Dous meses máis tarde chegou outra parella (Sayed e Hania) cun neno pequeno. É nese momento cando se fala co prior do mosteiro de Sobrado para que ceda un edificio -a Casa do Arco- que forma parte da hospedería do mosteiro pero que está separado fisicamente e totalmente equipado con toda clase de servizos, para poder acoller ata medio centenar de persoas; o mosteiro aceptou a proposta e deste xeito constituíuse como outro apoio fundamental na acollida a persoas refuxiadas; é A Maristela quen paga os gastos de luz e combustible da Casa do Arco e quen cobre todas as necesidades dos seus habitantes. Os trámites burocráticos retardan a chegada de refuxiados pero espéralles un teito e todo o apoio. Un pequeno grupo de voluntarios/as imparten ademais clases de español para favorecer a súa integración.

Proposta:  Vangarda Obreira

Proposta:  Vangarda Obreira

A MariStela

Aga-Ucraína

Aga-Ucraína

Aga-Ucraína, Asociación Galega de Axuda a Ucraína. Fundada hai un ano, tras a invasión rusa a Ucraína, traballan nas catro provincias galegas para atender as necesidades dos seus compatriotas refuxiados, dispoñendo ademais dun servizo de asesoría xurídica e outro de inserción laboral.

Proposta: Amnistía Internacional

Proposta: Amnistía Internacional

Aga-Ucraína

Ibrahima Diack y Magatte Ndiyae

Ibrahima Diack y Magatte Ndiyae

Ibrahima Diack e Magatte Ndiyae son os defensores de Samuel Luiz. Transcorrido xa máis de ano e medio do brutal asasinato de Samuel Luiz Muñiz na Coruña non debe caer no esquecemento nin o acontecido nin, tampouco, o reverso luminoso que tivo aquela traxedia tan escura. Non pode diluírse a exemplar intervención de Magatte Ndiyae e Ibrahima Diack , dous mozos de orixe senegalesa afincados na Coruña, que, a pesar de que naquel momento achábanse en situación irregular-sen papeis –trataron de protexer a Samuel da terrible agresión da que estaba a ser vítima. Estas dúas persoas representaron naquel momento –e deben seguir representando, –un exemplo de solidariedade e humanidade que constitúe, en si mesmo, unha lección para a sociedade no seu conxunto.

Proposta:  BNG

Proposta:  BNG

Ibrahima Diack y Magatte Ndiyae

Francisco Cotelo

Francisco Cotelo

Francisco Cotelo, máis coñecido como Paco Cotelo, profesor de relixión no IES Salvador de Madariaga, na cidade coruñesa é presidente de Mans Unidas tras máis corenta anos ligado a esta organización. Comezou o seu labor social con tan só 18-19 anos, momento en que a súa inquietude polos problemas sociais levouno a unirse como voluntario na devandita organización.

A súa primeira experiencia de campo fose do contexto español foi Perú, en 1988. Con todo, non sería o único país ao que viaxaría tanto de forma autónoma como formando parte do equipo de Mans Unidas nos seus diferentes proxectos en diferentes partes do mundo. Entre estes destinos destaca o seu traballo na India e en diversos países de África.

No seu labor como profesor demostrou sempre un verdadeiro interese e preocupación polos problemas sociais que afectan á mocidade, implicándose no desenvolvemento educativo e social do seu alumnado, traballando por espertar nos seus alumnos a conciencia social, a empatía cara ao outro.

A traxectoria de Cotelo é unha boa mostra e reflexo de que xente pequena, facendo cousas pequenas, alcanzan a producir grandes cambios.

Proposta: Amnistía Internacional

Proposta: Amnistía Internacional

Francisco Cotelo