Resultados do II Recoñecemento Internacional Acampa 2021
Pola paz e o dereito a refuxioAs votacións en cada unha das dúas categorías – internacional e galega – segretas, verificables e abertas non só as persoas asociadas ao movemento Acampa, decidiron que sexan a Ong Caminando Fronteras, con un 27,00% dos votos, e a Ong de a Coruña Ecodesarrollo Gaia, co 36,10%, os que recibiran o II Recoñecemento de Acampa, que toma forma nunha alegórica escultura da artista Pilar Subías.
Calqueira das candidaturas presentadas era, abofé, merecedora do noso aplauso colectivo pola súa labor e o seu traballo no tecido dunha sociedade máis xusta e humana. Pero os votos das organizacións, particulares asociados á rede e a cidadanía impricada con Acampa elixiron a Caminando Fronteras e a Ecodesarrollo Gaia.
II Recoñecemento Internacional
á Defensa dos Dereitos Humanos Acampa 2022
Esta oenegué actúa desde unha perspectiva transnacional, transcultural, antirracista e feminista mediante a cal denuncian as fronteiras como espazos de impunidade. Loitan polo restablecemento dos dereitos nestes “non lugares”, tecendo redes coas persoas e comunidades en movemento. O seu obxectivo, minar a necropolítica que destrúe os dereitos das persoas e comunidades migrantes. Fano resistindo e resiliendo en colectivo ás violencias estatais, empresariais e criminais que habitan o espazo fronteirizo.
Confiamos en que sexa a súa máxima representante Helena Maleno Garzón quen recolla o recoñecemento na Coruña durante a celebración do VI Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio 2022 que se celebrará o 9,10 e 11 de xuño.
II Recoñecemento Local (Galicia)
á Defensa dos Dereitos Humanos Acampa 2022
Colabora con outras ong ecoloxistas, sociais,culturais e de Defensa dos Dereitos Humanos a nivel español e internacional e co CITE – CCOO. Traballa co Movemento GreenBelt e a súa lideresa, a Dra. Wangari Maathai (Quenia), Premio Nobel da Paz 2004.
Coruña Cura é unha iniciativa de Ecodesarrollo Gaia que naceu en 2007. É un programa de atención médico-sanitaria dirixido prioritariamente aos nenos e mulleres de Yoff (Senegal), realizado por persoal sanitario voluntario e coa achega de medicamentos e material por parte da ONG. Ademais, na Escola Coruña, situada na mesma localidade, desenvolven diversas actividades formativas para nenos, mulleres e mozas para que consigan ser independentes.
O seu máximo representante, Guillermo Fernández-Obanza (Mito) será quen recolla o recoñecemento na Coruña durante a celebración do VI Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio 2022 que se celebrará o 9,10 e 11 de xuño.
Aquí vos deixamos, en dous roscos, os resultados acadados por cada unha das candidaturas que concorreron ao noso II Recoñecemento Internacional Acampa 2022 pola Paz e o Dereito a Refuxio: