V Recoñecemento Internacional Acampa 2025

Pola paz e o dereito a refuxio

V Recoñecemento internacional Acampa
á defensa dos dereitos humanos

Acampa Pola paz e o dereito a refuxio”

 

Ábrese o proceso para a elección do Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos na súa quinta edición, dirixido a entidades ou persoas que destaquen na defensa dos Dereitos Humanos, especialmente nos campos de actuación da Acampa, isto é, a defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito a Refuxio e a defensa da Paz e o diálogo como fórmula para resolución de conflitos.

O Recoñecemento, nas súas dúas categorías, internacional e local, pretende evidenciar a situación de retroceso dos Dereitos Humanos en todo o mundo e a importancia de recuperalos e defendelos coa forza e resiliencia as persoas receptoras que serán propostas e votadas por toda a Rede Acampa Internacional.

Bases

1.- En que consiste o Recoñecemento?

Trátase de unha mención internacional que é presentada a o mesmo tempo en todas as cidades cunha Rede Acampa en funcionamento. Ás organizacións ou persoas elixidas entrégaselles unha Carta de Recoñecemento, na que se destaca o labor que se pon en valor e unha peza representativa do Recoñecemento, obra da escultora Pilar Subías.

2.- Quen pode presentar propostas para o Recoñecemento?

  • Todas as organizacións que forman parte da Rede Acampa Internacional con carta de adhesión.
  • Todas as persoas que conforman a Red Acampa e que consten inscritas como asociadas.
  • Todos os equipos de coordinación locais de Acampa Internacional.

3.- Como presentar unha candidatura?

Poderanse presentar ata dúas candidaturas por organización ou persoa particular:

  • Unha para o Recoñecemento Internacional.
  • Outra para o Recoñecemento Local.

Para propoñer unha candidatura, débese cubrir este formulario en liña.

4.- Prazo de presentación de candidaturas

O prazo para presentar candidaturas para o V Recoñecemento Acampa 2025 finaliza o venres 31 de xaneiro de 2025.

5.- Como se selecciona o Recoñecemento anual?

Unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas, a Xunta Directiva de Acampa elixirá por votación interna entre todas as candidaturas, a tres persoas ou organizacións na categoría local e outras tres na categoría internacional, tendo en conta ós que máis se axusten ós principios polosque se fai entrega deste Recoñecemento.

Con estas seis candidaturas, abrirase un prazo de votación a través da web de Acampa, no que poderá participar o público en xeral ademais das persoas e organizacións asociadas á Rede Acampa.

O prazo da votación para o V Recoñecemento Acampa 2025 será do 1 ao 31 de marzo de 2025

Peza escultórica obra de Pilar Subías.

Pilar Subías cedeu desinteresadamente a obra e os seus dereitos de uso a Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio.