II Recoñecemento Local (Galicia) Acampa 2022

Pola paz e o dereito a refuxio
Escultura Recoñecemento


Candidaturas Propostas

para o

II Recoñecemento Local (Galicia)

Trátase dun recoñecemento anual a entidades ou persoas que destaquen na defensa dos Dereitos Humanos, especialmente nos campos de actuación de Acampa: defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito a Refuxio e a defensa da Paz e o diálogo como fórmula para resolución de conflitos.

O obxectivo é poñer en valor a necesidade da defensa dos Dereitos Humanos presentando o traballo realizado por organizacións e persoas que son un referente e un exemplo para toda a sociedade. Pretendemos poñer o foco mediático na situación de retroceso dos Dereitos Humanos en todo o mundo e a importancia de recuperalos e defendelos coa forza e resiliencia das organizacións e persoas que reciben este recoñecemento que será proposto e votado por todas as organizacións e persoas que conforman a Rede Acampa Internacional.

Carmen Avendaño

Carmen Abendaño
Trinta e cinco anos dando a batalla. Dous fillos enganchados á droga, un deles morto recentemente, convertérona na heroína contra a heroína e demáis pestes que arrasaron xeracións enteiras na Galicia dos anos oitenta.

Avendaño foi a voz que fixo de crisol dun grupo de nais valentes que non ían permitir que aos seus fillos e fillas, vítimas, convertéseselles nos verdugos da sociedade, nos parias, nos delincuentes… sen que se chegase aos verdadeiros delincuentes: os narcotraficantes locais e internacionais, a xudicatura preguiceira ou os políticos conchabados ou tolerantes co negocio da droga nas costas galegas.

Alzou a voz e con ela recuperou a dignidade das vítimas. Carmen é un exemplo de resiliencia. O seu tesón e o de todas esas nais incansables loitaron contra todas as resistencias e derrubaron todas as portas ata sentar no banco dos acusados a boa parte das cabezas dos clans da droga que operaban en Galicia. Gañouse o respecto dos políticos e dos xuíces. Conseguiu moitas cousas. Que os mozos enganchados fosen vistos como o que son, vítimas do negocio doutros. Que a tolerancia social contra os narcos locais, que “coidaban” dos seus veciños financiando equipos de fútbol ou tratamentos médicos para acalar bocas, desaparecese. Que ese inxente dineral e esas propiedades ostentosas dos narcos revertesen nas súas vítimas. Que os políticos se coidasen máis de presumir de determinadas amizades… Defendeu e defende a lei e traballa para cambiala cada vez que esta non responde a realidade social á que se debe.

Hoxe, 35 anos despois, segue traballando na Fundación Érguete, dando cobertura ás persoas afectadas por condutas adictivas e ás súas familias. Porque aínda queda moito traballo por facer.

Carmen Avendaño é o mellor exemplo. Unha loitadora que defende os dereitos e o Dereito fronte aos abusos e as discriminacións. Por iso é unha digna receptora do II Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos.

www.fundacionerguete.org
www.asociacionerguete.org

Proposta: Sofía Reyes
Proposta: Sofía Reyes
Carmen Abendaño

Ecodesarrollo Gaia

Representada por Guillermo Fernández-Obanza García (Mito)

Ecodesarrollo Gaia
Ecodesarrollo Gaia é unha ong nada en 1992 que debe o seu nome á palabra grega “Nai Terra”. Traballa no marco dos Dereitos Humanos, a Paz- NonViolencia, a Igualdade de Oportunidades de Xénero, a Defensa do Medio Ambiente, a Sustentabilidade, a Equidade Norte-Sur e a Equidade Interxeracional coa inmigración e en proxectos de codesarrollo- cooperación internacional.

Colabora con outras ong ecoloxistas, sociais,culturais e de Defensa dos Dereitos Humanos a nivel español e internacional e co CITE – CCOO. Traballa co Movemento GreenBelt e a súa lideresa, a Dra. Wangari Maathai (Quenia), Premio Nobel da Paz 2004.

Coruña Cura é unha iniciativa de Ecodesarrollo Gaia que naceu en 2007. É un programa de atención médico-sanitaria dirixido prioritariamente aos nenos e mulleres de Yoff (Senegal), realizado por persoal sanitario voluntario e coa achega de medicamentos e material por parte da ONG. Ademais, na Escola Coruña, situada na mesma localidade, desenvolven diversas actividades formativas para nenos, mulleres e mozas para que consigan ser independentes.

Outra das actividades desenvolvidas na escola de Senegal é a acción formativa chamada «cosendo futuro», coa colaboración de Claudina Romero, co obxectivo de montar un taller nas instalacións da propia escola, en Yoff, e lograr os seguintes fitos:

  • Conseguir prototipos de pezas con teas recuperadas.
  • Dar unha proxección laboral ás mozas do proxecto en Senegal.
  • Recuperar teas a través de pezas de segunda man en desuso.
  • Tratar de reducir a pegada ecolóxica da roupa.
  • Usar un transporte sostible (barco, carro de cabalos para transporte de materiais)
  • Obter unha rendibilidade económica das pezas resultantes que repercuta no propio taller

Na súa sede social en Coruña ofrecen asistencia básica á poboación senegalesa que chega á cidade: Acollida inicial, aloxamento, axuda alimentaria, comunicación cos seus familiares en Senegal, empadroamento, alta na Seguridade Social, Tarxeta Sanitaria para a atención médica gratuíta, clases de alfabetización, clases de idioma español, servizo de mediación ante a administración de estranxeiría e policía (representación- tradución-defensa), legalización da situación administrativa (papeis),formación para o emprego e tamén atención a presos senegaleses no cárcere de Coruña (Teixeiro). Este centro pon especial atención no grupo de mulleres senegalesas formándoas en materia de Cultura da Paz, Igualdade de Oportunidades de Xénero, Seguridade Alimentaria e Sustentabilidade Ambiental, converténdoas en lideresas sociais.

www.ecodesarrollogaia.org

Proposta:  Vangarda Obreira
Amnistía Internacional
Proposta:  Vangarda Obreira
Amnistía Internacional
Ecodesarrollo Gaia

Infancia Solidaria

Representada por José Ignacio Díaz Díaz

Infancia Solidaria
Infancia Solidaria é unha ONG española de axuda a menores. Creada no ano 2005 e integrada por persoal estritamente voluntario, ten entre os seus proxectos máis destacados a organización de operativos sanitarios (programa “Sana Sana”) para a realización de operacións cirúrxica a nenos e nenas de países en desenvolvemento que necesitan unha intervención urxente que non pode ser realizada no seu lugar de orixe. Nunhas ocasións, desprazándoos a España en “acollida cirúrxica” e noutras, organizando expedicións con todo o persoal e os elementos necesarios para levala a cabo no seu país. Desde a súa creación, ten realizado máis de 300 intervencións.

A ONG participa noutros proxectos, un dos máis recentes é a construción dun centro de atención a menores con diversidade funcional en Guinea Bissau que xestiona a organización AIDA. O centro ten capacidade para atender a case noventa nenos e nenas e ás súas familias. Ofrece asistencia médica, rehabilitación neurolóxica, avaliación de necesidades educativas e integración. Tamén participa no financiamento da Escola infantil e gardería que a organización ANIDAN ten en Luma-Kenia. Nela reciben coidados e educación case medio centenar de menores de 0 a 8 anos orfos e de familias humildes que poden deixar alí aos seus fillos mentres traballan, ao mesmo tempo que son escolarizados.

Durante os seus máis de 15 anos de existencia, Infancia Solidaria participou noutros moitos proxectos internacionais en lugares como Vietnam, achegando material para un centro de atención a nenos con discapacidade intelectual e Etiopía, con accións como a construción de varias edificacións con fins sociosanitarios para atender a menores que necesitan illamento ou asegurar a unha correcta administración da medicación que debe recibir. En Nepal axudou á reconstrución dun fogar para nenos cegos tras o terrible terremoto que destruíu boa parte das edificacións do país e ocasionou a morte de máis de 7000 persoas.

Os socios da ONG son menores de idade españois, cuxos pais ou familiares convertenos en protagonistas da colaboración. As achegas das persoas adultas que axudan á organización, personalízana nun menor da súa contorna, un fillo ou filla, un neto ou neta ou un sobriño ou sobriña. Son menores máis afortunados axudando aos que tiveron menos sorte que eles. O obxectivo é facer partícipe aos máis pequenos desoutra realidade complexa e dura, “que está aí e non podemos, nin queremos ocultar” e facerlles sentir a “agradable sensación da solidariedade”. A finalidade última é que toda esa axuda transforme nunha mellora efectiva da vida e a saúde dos seus iguais que sofren as consecuencias de vivir nesa “outra realidade”.

www.infanciasolidaria.org

Proposta: Mabel Pérez Simal
Proposta: Mabel Pérez Simal
Infancia Solidaria

Laura Bugalho

Laura Bugalho
Esta compostelana es una sindicalista y activista gallega implicada en multitud de causas políticas y sociales.

Diplomada en Magisterio y licenciada en Pedagogía, en la especialidad de Intervención Social, trabaja como sindicalista de la CIG desde 1992. Al mismo tiempo ha destacado como activista LGBT,transfeminista y a favor de los derechos de las personas migrantes. Es miembro del Foro Gallego de Inmigración, del colectivo Stop  Desahucios Compostela y también milita en la causa soberanista gallega.

Ha publicado diversos artículos en las siguientes publicaciónes: Andadura, A nosa Terra, Noticias de la Galicia, GaliciaLivre, Diario Libertad y Sermos Galicia.

En 2009 Laura Bugalho ayudó a sacar a la luz la trama de la llamada Operación Peregrino, en la que 57 personas de origen marroquí habían sido traídas a España con la promesa de un empleo.

Laura Bugalho ha recibido, varios premios y reconocimientos:

  • Premio Legais 2001 a la Defensa de losDerechos y Libertades LGBT.
  • Premio Triángulo de Ouro EHGAM 2009.
  • Premio Nicolás Salmerón2011 en la categoría de Defensa de las Libertades Sexuales.

Proposta:  Asociación Fuco Buxán

Proposta:  Asociación Fuco Buxán

Laura Bugalho