Resultados do V Recoñecemento Internacional Acampa 2025
Pola paz e o dereito a refuxioV Recoñecemento Internacional
á Defensa dos Dereitos Humanos Acampa 2025
MÉDICOS E SANITARIOS DE GAZA.
Os médicos e sanitarios de Gaza tiveron que salvar vidas sen hospitais, materiais ou medicamentos, traballando en carpas, en espazos devastados nos que non quedou unha casa en pé. Asasinados, bombardeados continuamente véndose na obriga a facer cirurxías sen instrumentación, atendendo partos, cesáreas, neonatos nas peores condicións imaxinables. Un traballo incesante e desgastador que non deixaron a pesares de ser obxectivo prioritario do xenocidio que Israel está a executar sobre Gaza. Foron detidos por ser sospeitosos de estar implicados en actividades terroristas, perderon ás súas familias, resultaron feridos… e, con todo, non abandonaron aos seus pacientes.
A proposta da Asociación Cultural Fuco Buxán
V Recoñecemento Galicia
á Defensa dos Dereitos Humanos Acampa 2025
MOHAMED SAFA,
Activista pola causa palestina afincado en Galicia
Médico oftalmólogo, histórico activista da causa palestina. É representante da OLP e relator en encontros nacionais e internacionais.
Nado en Cisxordania, Mohamed Safa ten nacionalidade española desde fai máis de cincuenta anos. Chegou aos 17 anos a Galicia onde estudou, formou a súa familia e involucrouse na sociedade galega, implicándose en cada movemento no que haxa que defender os dereitos sociais e humanos que incumben a esta comunidade. Comprometido coa filosofía de Acampa pola Paz, asistiu todos os anos aos encontros internacionais e mostrou sempre a súa disposición para colaborar no seu desenvolvemento.
Respecto ao futuro do pobo palestino, mantivo sempre que “o mañá é noso, non para construír unha gran nación pero si unha nación libre”
A proposta da Asociación Cultural Fuco Buxán