Somos moitas as persoas que queremos actuar pero non sempre sabemos cómo

Con esa intención naceu

O obxectivo do Encontro Internacional 2024 é convidar á cidadanía para reflexionar sobre a violencia, os medos e a morte á que se enfrontan millóns de nenos e nenas que permanecen en territorios en guerra, atrapados pola fame, a seca, os desastres naturais… En definitiva, a entender por que camiñan á procura de refuxio, soñando cun futuro posible.

Cartel ACAMPA2024 web

Acampa

é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social.

Acampa

ten como obxectivo a defensa dos Dereitos Humáns, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio.

Acampa

abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente.

Acampa

afonda nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.

Acampa

é unha expresión de compromiso coa paz e o dereito a refuxio.

Acampa

promove á participación e a implicación.

Acampa

é un encontro cidadán activo no que contamos coa participación das persoas protagonistas, das vítimas, ONGs, de xornalistas; proxeccións, fotografía, música, teatro, pallasos… eventos artísticos de todo tipo. Tamén visitas guiadas para saber como é un campo de persoas refuxiadas, para entender mellor as verdadeiras causas da guerra.

Acampa

facilita a participación cidadá, cada persoa achega a súa enerxía, a súa capacidade e a súa opinión xunto con: ONGs, asociacións, organizacións políticas, sindicatos, institucións, grupos informais, empresas con responsabilidade social, colectivos profesionais, etc.